Publicacións

Los Edublogs

Imaxe
Un edublog ou blog educativo, é unha ferramenta empregada para a divulgación de contido educativo. Estes teñen a vantaxe de que son ferramentas colaborativas nas que a autoría dos artigos pode ser compartida, fomentan o debate entre os lectores na sección de comentarios. Ademáis ten a gran vantaxe de que se trata dun xeito de compartir coñecementos e información de maneira universal, todo o mundo pode acceder á mesma gratuitamente. Coma se describe na 74ª publicación da revista EDUTEC de Decembro de 2020 no seu número especial Codiseño de situaciones educativas enriquecidas con TIC  das catedráticas da Universidade de Oldenburg (Alemaña) e da Universidade de Valladolid (España), Victoria I. Marín e Sara L. Villagrá respetivamente: "Como apertura al tema, Begoña Gros y Eva Durall proponen un interesante recorrido en su artículo Retos y oportunidades del diseño participativo en tecnología educativa por los orígenes de este enfoque y sus aplicaciones en el ámbito educativo, en el...

Realidade Aumentada

Imaxe
Qué é a realidade aumentada? É un recurso tecnolóxico que ofrece experiencias interactivas o usuario a partir da combinación entre a dimensión virtual e a física, coa utilización de dispositivos dixitais. O termo púxollo en 1992 o científico e investigador Thomas P. Caudell mentres desenvolvía un dos avións máis famosos do mundo: o Boieng 747. Caudell observou que os operarios encargados do montaxe da nova aeronave perdían demasiado tempo interpretando as instrucións, nese momento pensou "que pasaría se tiveran acceso a unha pantalla que lles fose guiando durante todo o proceso? Nese momento non triunfou, pero aí nacía o concepto de Realidade Aumentada. En 2016 triunfa a aplicación Pokemon Go , un videoxogo que consistía en buscar e capturar diferentes personaxes da saga xaponesa, no seu momento máis alto alcanzou 45 millóns de usuarias diarios activos. Esta aplicación conseguiu atraer a moitas persoas pero nese momento xa eran moitas as empresas de diversos sectores as que a come...

Videos para aprender

Imaxe
 Neste último ano, ca actual situación de pandemia mundial, ca cancelación das clases presenciais e o confinamento, a aprendizaxe online tivo un gran Boom. As TIC tiveron un papel fundamental na educación en todos os niveis educativos, dende infantil ata a universidade. A continuación presentamos dous videos educativos pensados para aulas de educación infantil. - Un videotitorial científico para aprender algunhas das propiedades da auga e curiosidades sobre a mesma. Neste video presentamos unha serie de experimentos científicos moi sinxelos para facer con nenos e nenas de educación infantil. - Un videoconto  empregando un teatro de sombras do cal atoparedes actividades para PDI na nosa entrada con ese mesmo nome.  Neste conto coñeceremos a  historia dun ratiño que comeu a lúa. (Pincha no rato para acceder ó libro ilustrado)

Gamificación

Imaxe
A Gamificación é unha técnica de ensinanza na que o aprendizaxe da lugar mediante o translado dos contidos a un formato de xogo, polo que os alumnos e as alumnas están máis interesados nas unidades didácticas. Nesta pequena infografía preséntansenos as 10 claves para que a nosa implementación da gamificación sexa un éxito. A partir da coñecida técnica dos contos interactivos dos anos 80 para fomentar a lectura entre os nenos e nenas así coma dos adolescentes, deseñamos o noso propio. Esta técnica consiste en escribir unha historia na que cada certo tempo deixan que sexa o lector quen elixa como continúa o libro. Se lle indican as páxinas ás que debe pasar para continuar ca opción que escolleu, ata que remate a historia. Para poder leer o noso conto, deberás seguir esta mesma dinámica. Neste conto os nosos protagonistas, Mariña e Pepito, precisan da nosa axuda para tomar decisións, as cales cambiarán o transcurso da historia. Mariña e Pepito - Conto interactivo 7

Actividades PDI

Imaxe
O uso das PDI nas aulas de educación infantil foise estendendo nos últimos anos, polo que teñen un papel esencial nas rutinas así como no aprendizaxe da lectoescritura. Algunhas das rutinas máis comúns son: - Pasar lista dos nenos e nenas presentes na clase: esta actividade pode facerse de moitos xeitos, como son o emprego das fotos de cada neno/a, facendo que aparezan ou desaparezan segundo están presentes ou non respectivamente. - Que tempo fai?: o emprego de imaxes de diferentes fenómenos meteorolóxicos coma as nubes, o sol, a choiva, neve... e identificalo ca realidade é o máis común para este tipo de rutinas. - Que día é?: poñer a fecha na pantlla pode plantearse coma un xogo, tendo que elexir as fichas correctas a colocar. - O/A encargado/a da clase: indicar que é o encargado da clase do día pode ser un gran show interactivo no que o emprego da PDI nos pode axudar. Outro uso moi común que se fai das PDI nas aulas de educación infantil é para ensinarlles ós máis pequenos a escribi...

Privacidad, sharenting y derecho al olvido

Imaxe
  Educación dixital O dereito á privacidade consiste no dereito de todas as persoas a protexer non só a súa intimidade, senón tamén súa familia e seu domicilio, tendo dereito a protexer seu honor e reputación en todo momento, tal e como se recolle na Declaración Universal dos Dereitos Humanos no ano 1948 e na Constitución Española no artigo 18. Así coma a lei Orgánica 1/1982 de 5 de maio desenvólvese a protección civil do dereito ó honor, intimidade e imaxe persoal. O sharenting consiste na práctica de compartir contido audiovisual de menores por parte de seus pais (share + parenting). É importante ter en conta que se trata de adultos compartindo a imaxe de menores na rede e pode que as mesmas repercutan na reputación deles, así coma representar un perigo en canto á revelación de datos coma o domicilio, a escola, vida persoal... Segundo a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) na súa publicación datada do 18 de Setembro de 2020 titulado Dereito de Supresión ("ó olvido...