Actividades PDI
O uso das PDI nas aulas de educación infantil foise estendendo nos últimos anos, polo que teñen un papel esencial nas rutinas así como no aprendizaxe da lectoescritura.
Algunhas das rutinas máis comúns son:
- Pasar lista dos nenos e nenas presentes na clase: esta actividade pode facerse de moitos xeitos, como son o emprego das fotos de cada neno/a, facendo que aparezan ou desaparezan segundo están presentes ou non respectivamente.
- Que tempo fai?: o emprego de imaxes de diferentes fenómenos meteorolóxicos coma as nubes, o sol, a choiva, neve... e identificalo ca realidade é o máis común para este tipo de rutinas.
- Que día é?: poñer a fecha na pantlla pode plantearse coma un xogo, tendo que elexir as fichas correctas a colocar.
- O/A encargado/a da clase: indicar que é o encargado da clase do día pode ser un gran show interactivo no que o emprego da PDI nos pode axudar.
Outro uso moi común que se fai das PDI nas aulas de educación infantil é para ensinarlles ós máis pequenos a escribir, posto que supón un aforro de papel e permite un maior tamaño da letra, o cal lles pode axudar no proceso de aprendizaxe.
Traballar as unidades didácticas cunha PDI pode dinamizar moito o proceso, mais tamén o é o desenvolvemento de actividades a partir dalgunha outra realizada na clase. Por exemplo, podemos ler un conto na aula e a continuación presentar un conxunto de actividades a resolver na PDI.
A continuación deixámosvos uns exemplos da nosa colleita:
Rutina Educación Infantil - Actividades PDI
O rato que se comeu a lúa - Actividades PDI
Comentarios
Publicar un comentario