Privacidad, sharenting y derecho al olvido
Educación dixital
O dereito á privacidade consiste no dereito de todas as persoas a protexer non só a súa intimidade, senón tamén súa familia e seu domicilio, tendo dereito a protexer seu honor e reputación en todo momento, tal e como se recolle na Declaración Universal dos Dereitos Humanos no ano 1948 e na Constitución Española no artigo 18. Así coma a lei Orgánica 1/1982 de 5 de maio desenvólvese a protección civil do dereito ó honor, intimidade e imaxe persoal.
O sharenting consiste na práctica de compartir contido audiovisual de menores por parte de seus pais (share + parenting). É importante ter en conta que se trata de adultos compartindo a imaxe de menores na rede e pode que as mesmas repercutan na reputación deles, así coma representar un perigo en canto á revelación de datos coma o domicilio, a escola, vida persoal...
Segundo a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) na súa publicación datada do 18 de Setembro de 2020 titulado Dereito de Supresión ("ó olvido"): buscadores de internet definen o dereito ó olvido coma:
"É a manifestación do dereito de supresión aplicado ós buscadores de internet. O dereito de supresión ("dereito ó olvido") fai referencia ó dereito a impedir a difusión de información persoal a través de internet cando a súa publicación non cumple cos requisitos de adecuación e pertinencia previstos na normativa. En concreto, incllúe o dereito a limitar a difusión universal e indiscriminada de datos persoais nos buscadores xerais cando a información é obsoleta ou xa non ten relevancia nin interese público, ainda que a publicación orixinal sexa lexítima (no caso de boletíns oficiais ou informacións amparadas polas liberdades de expresión ou de información)."
Ante os posibles perigos que se nos presentan na rede, é moi importante, coma adultos, ser conscientes deles, así coma a toma de medidas para a nosa protección a demáis da dos menores ó noso cargo. A formación en canto a este tipo de asuntos, a seguridade na rede, é esencial, debido a que gran parte das nosas vidas está en internet, tanto a persoal coma a académica e/ou laboral.
Ademáis de saber manexarnos na rede e de empregar correctamente as ferramentas que se nos presentan, tamén é fundamental aprender a facelo de forma segura. Podemos aprender a identificar as páxinas seguras, sinalizadas no buscador, mediante o uso de antivirus, consultando antes de compartir imaxes e videos... Así tamén é importante saber cando e como denunciar contenido non apto para a rede, calquera que sexa a causa e a aplicación.
Hai que ter en conta que en canto se publica algo en internet, este contido deixa de pertencernos, xa que calquera pode ter acceso ó mesmo, polo que debemos ser conscientes do que imos publicar, quen vai ter acceso e as políticas de privacidade do servidor que estamos a empregar. Por exemplo, podemos ter certo control sobre quen pode ver as nosas publicacións en redes sociais se temos a conta privada, na que os novos seguidores deben solicitar permiso para acceder ó noso contido.
É importante comezar ca educación dixital dende pequenos, xa que os nenos e nenas cada vez adéntranse máis cedo na rede, polo que, evidentente, debemos asegurarnos de que o fagan de xeito seguro. As escolas pode ser un deses espazos seguros nos que aprender a navegar na rede mediante o emprego de actividades interactivas en PDI, ordenadores nos que xogar en páxinas de contidos didácticos, a proxección de contido audiovisual...
Bibliografía empregada:
González, Y. (2019, febrero). Derecho a la privacidad en España – ¿Cómo ejercitarla? Atico34. https://protecciondatos-lopd.com/
Comentarios
Publicar un comentario