Un edublog ou blog educativo, é unha ferramenta empregada para a divulgación de contido educativo. Estes teñen a vantaxe de que son ferramentas colaborativas nas que a autoría dos artigos pode ser compartida, fomentan o debate entre os lectores na sección de comentarios. Ademáis ten a gran vantaxe de que se trata dun xeito de compartir coñecementos e información de maneira universal, todo o mundo pode acceder á mesma gratuitamente.
Coma se describe na 74ª publicación da revista EDUTEC de Decembro de 2020 no seu número especial Codiseño de situaciones educativas enriquecidas con TIC das catedráticas da Universidade de Oldenburg (Alemaña) e da Universidade de Valladolid (España), Victoria I. Marín e Sara L. Villagrá respetivamente:
"Como apertura al tema, Begoña Gros y Eva Durall proponen un interesante recorrido en su artículo Retos y oportunidades del diseño participativo en tecnología educativa por los orígenes de este enfoque y sus aplicaciones en el ámbito educativo, en el que se puede observar de manera clara cómo ha sido la evolución de esta corriente desde concepciones más cercanas a la elaboración de productos o artefactos (corriente americana) hacia otra más cercana a una visión más constructivista (corriente europea) centrada en la comprensión del propio proceso de codiseño. Asimismo, las autoras recogen numerosas referencias que ponen de relieve la importancia que el codiseño ha ido adquiriendo en el ámbito educativo, en el que ha sido utilizado como recurso para infinidad de propósitos entre los cuales destacan el desarrollo de políticas educativas, el diseño de actividades, de innovaciones educativas, de currículum académico, de herramientas de aprendizaje, de juegos educativos, etc. Un lugar destacado lo ocupa el diseño de entornos de aprendizaje mediados por tecnología, en el que este tipo de aproximaciones han servido, a su vez, para involucrar a colectivos tradicionalmente excluidos del proceso de diseño. Asimismo, las autoras presentan diferentes clasificaciones y métodos del diseño participativo en el que independientemente del enfoque que se escoja, hay aspectos que los equipos de trabajo han de garantizar. En este caso, asegurar el nivel de participación, la identificación de aspectos éticos y de poder que garanticen la transparencia y transferencia de las reflexiones en la acción son elementos cruciales en cualquier proceso de diseño participativo." (Marín e Villagrá, 2020)
A partir desto podemos dicir que os blogs educativos son unha ferramenta interactiva dende o principio, dende que comeza o proceso de informarse sobre o tema da nova entrada, na que o/a autor/a basease nos datos doutras persoas para engadir as súas ideas propias; logo no proceso de redacción, no que se permite que haxa autores/as múltiples e, finalmente, as facilidades que hai á hora de difindulo, tendo acceso gratuito ó mesmo, sendo unha ferramenta internacional e promovendo o debate na sección de comentarios, na que os mesmos lectores son partícipes e aportadores de infromación e novas ideas.
Algúns dos programas dispoñibles para a creación de blogs de xeito gratuito e que recomendamos son:
- Blogger, da coñecida entidade Google, que é a que permite a creación deste blog. Esta permite compartir a autoría do mesmo, ademáis da personalización de todos os elementos, das ferramentas dentro da propia web (cores, disposición dos elementos, imaxes...).
Enlace a Blogger: https://www.blogger.com/
- Jimdo, unha aplicación online que dispón de numerosos modelos para adaptarse á finalidade do blog, puidendo personalizar todos os aspectos do mesmo, e ca cal que se poden obter resultados moi profesionais e estéticos.
Enlace a Jimdo: https://www.jimdo.com/es
- Flazio, unha web de creación de blogs gratuíta cunha gran variedade de modelos, ferramentas para icluir na páxina, totalmente personalizable, así coma a gran intuitividade no seu uso.
Enlace a Flazio: https://www.flazio.com/es/
- Wix, trátase dunha páxina web que permite a creación de blogs profesionais e que de seguro coñecerás polos seus anuncios en medios de comunicación audiovisual coma a televisión e a publicidade de YouTube.
Enlace a Winx: https://es.wix.com
Tamén hai páxinas web de pago que permiten da creación de blogs, aportando asistencia e outras ferramentas dentro da mesma para acadar un resultado profesional, coma poden ser unha extensión de pago da anteriormente mencionada Jimdo, a versátil web Ionos y otras. Estas permiten unha maior personalización dos blogs a crear, asi coma os elementos e widgets dentro do mesmo, hai máis opción entre as que escoller para unha maior adaptación ás necesidades do/a autor/a.
Os blogs poden empregarse de moitas maneiras e hainos de moitos tipos, entre os que se poden destacar os seguintes:
- Personais: neste tipo de blogs, o autor ou autora fala das súas experiencias persoais, ben sexa acerca dun tema en específico ou acerca da súa vida en xeral, aportando a súa opinión acerca do que esteñan a falar. Estes poden centrarse en temáticas coma: cociña, viaxes, tutoriais variados (DIY), moda, deporte...
- Corporativo: nestes, unha empresa da a coñecer as súas ofertas, os seus beneficios e vantaxes para convencer ós lectores do consumo do producto que ofrecen.
- Porfolios: blogs por e para artistas nos que eles/as mesmos/as publican o seu arte ca fin de darse a coñecer e chegar a máis xente. Tamén entrarían nesta clasificación os currículums profesionais, nos que se fai unha publicación de traballos persoais.
Bibliografía empregada
Cuestión de paladar didáctico. (2019, 4 septiembre). InnovArte Educación Infantil Español.
https://innovarteinfantilesp.wordpress.comMarín, V. I., & Villagrá, S. L. (2020). Codiseño de situaciones educativas enriquecidas con TIC. EDUTEC, 74, 1–11.
https://doi.org/10.21556/edutec
Comentarios
Publicar un comentario