Realidade Aumentada

Qué é a realidade aumentada?


É un recurso tecnolóxico que ofrece experiencias interactivas o usuario a partir da combinación entre a dimensión virtual e a física, coa utilización de dispositivos dixitais.

O termo púxollo en 1992 o científico e investigador Thomas P. Caudell mentres desenvolvía un dos avións máis famosos do mundo: o Boieng 747. Caudell observou que os operarios encargados do montaxe da nova aeronave perdían demasiado tempo interpretando as instrucións, nese momento pensou "que pasaría se tiveran acceso a unha pantalla que lles fose guiando durante todo o proceso?

Nese momento non triunfou, pero aí nacía o concepto de Realidade Aumentada. En 2016 triunfa a aplicación Pokemon Go, un videoxogo que consistía en buscar e capturar diferentes personaxes da saga xaponesa, no seu momento máis alto alcanzou 45 millóns de usuarias diarios activos. Esta aplicación conseguiu atraer a moitas persoas pero nese momento xa eran moitas as empresas de diversos sectores as que a comezaban a utilizar co obxectivo de crear experiencias de valor para os seus clientes.

A Realidade Aumentada crea moitas oportunidades e pode transformar por completo a forma na que as marcas se acercan e se relacionan cos seus consumidores. A integración entre o mundo real (físico) e o mundo virtual é o obxectivo principal de esta tecnoloxía. así para que a Realidade Aumentada poida reproducirse, necesítanse tres compoñentes fundamentais.

  • Un obxecto real que funcione como referencia para a interpretación e creación do obxecto virtual.

  • A presencia de un dispositivo con cámara para transmitir a imaxe do obxecto real.

  • Un software responsable por interpretar a sinal transmitida pola cámara.

 A través da cámara, o obxecto real transmítese para o software, que recibe a imaxe e combina con proxeccións 3D.

Algunhas aplicacións que serven para explorar a través da realidade aumentada, tanto na aula como na vida diaria, son:

Unha aplicación é Metaverse, a cal dispón dun estudo accesible a través da súa páxina web para crear experiencias en realidade aumentada. Ten un amplo banco de imáxes en 3D as cales se poden superpoñer sobre a realidade que ve a cámara do dispositivo móvil e cos que pode interactuar. Ademáis, tamén se poden incluír sons.

Outra aplicación que serve para utilizar a realidade aumentada é Roar. Con esta aplicación non é necesario ter coñecementos informáticos para poder crear un contido de realidade virtual. Este editor contén as principais ferramentas de realidade virtual, incluíndo vídeos, audios, botóns para chamar á acción, imaxen, textos e modelos 3D.

Tamén encontramos outras aplicacións máis como pode ser Augmented Class a cal é apta para docentes os cales non teñen coñecementos técnicos pero queren introducir as tecnoloxías inmersas na aula. Unha vez dentro da aplicación, hay que crear un proxecto no cal se elixirá unha imaxe para crear o marcador que desplegará o contido de realidade virtual.

Outras son Zappar, LayAR, Appy Pie, Aumentaty, Aurasma, Argon, Wikitude…..

Como podemos comprobar, hai unha multitude de aplicacións para traballar coa realidade aumentada.

A continuación mostramos algúns exemplos de webs nas que se desenvolveron proxectos educativos empregando a realidade aumentada, as cales vos poden ser de gran interese:

Neste primeiro exemplo descríbese a situación actual na que se atopa a realidade aumentada na educación. Ademais, nomeanse algunhas vantaxes no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Preséntase o caso do alumnado de terceiro da ESO que empregaron unha app que se chama QuiverVision e serve para estudar as células. 

https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/usos-realidad-aumentada-aulas/ 


O segundo exemplo que atopamos foi neste blog que tedes a continuación, onde unha mestra mostra o uso desta metodoloxía na aula de Educación Infantil. Nesta páxina podemos encontrar todo o que pon a profesora a modo de vídeos de todo o alumnado experimentando con aplicacións. 

http://elrincondeinfantiljuancarlos1.blogspot.com/p/realidad-aumentada.html


Por último mostrámosvos unha actividade de realidade aumentada creada por nos mesmas para levar a cabo nunha aula de educación infantil, feita coa aplicación Zappar. Con ela poderán ver a través do mapa de Galicia algúns dos lugares máis característicos de cada provincia, entre os que destacamos a Catedral de Santiago de Compostela, a Torre de Hércules en A Coruña, as illas Cíes en Vigo, a Praia das Catedrais en Lugo, a Muralla de Lugo e os Cañóns do Sil en Ourense.

Para poder realizala terán que imprimir e pegar o mapa de Galicia nunha parede ou mesmo poñelo nunha mesa e a través dunha tablet ou outro dispositivo como un teléfono móvil, lograrán ver un pequeno vídeo acerca destes lugares, e despois unha selección dos lugares de cada provincia xunto co himno da comunidade.

Adxuntámosvos a continuación o enlace e o código QR para acceder á nosa actividade:

https://webxr.run/OQARrl3ZD4RZX  

Ademáis, deixámosvos outro enlace cun video de como funciona a nosa actividade:


https://drive.google.com/file/d/156pAQOLHMWl8W0oi4GETVOcLgJ6rdxRW/view?usp=sharing 




Enlaces utilizados

Colaboradores de Wikipedia. (2021, 5 mayo). Realidad aumentada. Wikipedia, la enciclopedia libre. https://es.wikipedia.org/wiki/Realidad_aumentada

Grapsas, T. (2021, 12 febrero). Conoce la realidad aumentada y las posibilidades de interacción que la hacen sobresalir en el mundo digital. Rock Content - ES. https://rockcontent.com/es/blog/realidad-aumentada/

I. (2019, 1 febrero). ¿Qué es la Realidad Aumentada? Iberdrola. https://www.iberdrola.com/innovacion/que-es-realidad-aumentada


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Videos para aprender

Gamificación

Actividades PDI