Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

Realidade Aumentada

Imaxe
Qué é a realidade aumentada? É un recurso tecnolóxico que ofrece experiencias interactivas o usuario a partir da combinación entre a dimensión virtual e a física, coa utilización de dispositivos dixitais. O termo púxollo en 1992 o científico e investigador Thomas P. Caudell mentres desenvolvía un dos avións máis famosos do mundo: o Boieng 747. Caudell observou que os operarios encargados do montaxe da nova aeronave perdían demasiado tempo interpretando as instrucións, nese momento pensou "que pasaría se tiveran acceso a unha pantalla que lles fose guiando durante todo o proceso? Nese momento non triunfou, pero aí nacía o concepto de Realidade Aumentada. En 2016 triunfa a aplicación Pokemon Go , un videoxogo que consistía en buscar e capturar diferentes personaxes da saga xaponesa, no seu momento máis alto alcanzou 45 millóns de usuarias diarios activos. Esta aplicación conseguiu atraer a moitas persoas pero nese momento xa eran moitas as empresas de diversos sectores as que a come...

Videos para aprender

Imaxe
 Neste último ano, ca actual situación de pandemia mundial, ca cancelación das clases presenciais e o confinamento, a aprendizaxe online tivo un gran Boom. As TIC tiveron un papel fundamental na educación en todos os niveis educativos, dende infantil ata a universidade. A continuación presentamos dous videos educativos pensados para aulas de educación infantil. - Un videotitorial científico para aprender algunhas das propiedades da auga e curiosidades sobre a mesma. Neste video presentamos unha serie de experimentos científicos moi sinxelos para facer con nenos e nenas de educación infantil. - Un videoconto  empregando un teatro de sombras do cal atoparedes actividades para PDI na nosa entrada con ese mesmo nome.  Neste conto coñeceremos a  historia dun ratiño que comeu a lúa. (Pincha no rato para acceder ó libro ilustrado)